Así traballan as costureiras de Inditex para confeccionar material hospitalario durante a crise sanitaria

Un vídeo grabado por unha das traballadoras mostra como as empregadas fabrican prendas e material para os sanitarios
costureras

O grupo Inditex non só está contribuíndo a esta crise sanitaria mundial coas doazóns de equipos de protección (EPIS) que manda semanalmente dende China, senón que está a transformar a producción textil das súas factorías para producir prendas e material hospitalario. Unha axuda clave nun momento de absoluta precariedade para moitos médicos e enfermeiros que teñen que reutilizar algunas das prendas que usan a diario por falta de medios, incumprindo os protocolos sanitarios.

Nun vídeo grabado esta semana por unha das traballadores destas factorías de Inditex, vese a un grupo de costureiras empregándose a fondo na confección deste material hospitalario, cosendo e pranchando. Con este vídeo, queren deixar constancia do traballo, moitas veces invisible e non recoñeceido, que desenvolven a diario nas fábricas da multinacional textil. «Estou moi orgullosa do que estou facendo», di unha de ellas. «E eu moi orgullosa da todas nosotras», comenta unha compañeira».

Maís doazóns dos Ortega

Esta semana coñeceuse que Dolores Ortega, sobrina de Amancio Ortega e unha das máximas accionistas da compañía fixo unha importante aportación de material que chegará directamente ao Sergas, e aos centros da Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Gardia Civil de Galicia.

Na remesa para centros hospistalarios inclúense 15.000 pantallas de plástico, 250.000 máscaras, 25.000 test e máis de 200 monitores. Á Policía Nacional e Autonómica faráselles entrega de máis de 2.500 máscaras de plástico e 40.000 máscaras. Á Policía Local de toda Galicia facilitaránselle 4.500 máscaras de plástico e 30.000 máscaras protectoras, mentres que a Garda Civil recibirá 40.000 máscaras dun só uso e 8.000 máscaras de plástico que se distribuirán entre as catro comandancias galegas.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.