Cedeira fai unha enquisa entre os veciños para avaliar o reparto das axudas fronte ó Covid

O goberno local quere coñercer "tódalas casuísticas e propostas" para obter unha visión realista dos problemas da cidadanía
cedeira

O Concello de Cedeira está a estudar a mellor fórmula para paliar os efectos económicos e sociais que está a provocar esta situación de emerxencia sanitaria. Desde a Administración local queren saber cómo poden complementar todas as axudas propostas polo resto de administracións con medidas de carácter local para que «o tecido económico e social da vila atope a mellor maneira posible de saír desta situación anómala».

Para tratar de que estas achegas complementarias sexan o máis efectivas posibles e acordes coas distintas situacións que está a vivir o tecido empresial, o equipo de goberno puxo a disposición de tódolos veciños unha enquisa en Internet para facer unha radiografía o máis realista posible da situación.

«Unha vez coñezamos as casuísticas e propostas, e consensuándoas co resto da corporación
municipal e coas técnicas municipais, poderemos adoptar unhas medidas extraordinarias máis
efectivas para a protección e reincorporación do noso comercio local», explicaron desde o executivo cedeirés.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.