Cedeira recolleu 12.490 kg de residuos téxtiles en 2024, evitando a emisión de 39,58 toneladas de CO2

contedores dispoñibles para a recollida selectiva en diferentes puntos da localidade
Contedores dispoñibles para a recollida selectiva en diferentes puntos da localidade

Durante o ano 2024, o Concello de Cedeira recolleu un total de 12.490 kg de residuos téxtiles a través dos cinco contedores dispoñibles para a recollida selectiva en diferentes puntos da localidade. Esta xestión permitiu evitar a xeración de 39,58 toneladas de gases de efecto invernadoiro (CO2), contribuíndo á loita contra o cambio climático.

A alcaldía destacou a implicación da veciñanza, que seguiu de forma activa esta iniciativa, e subliñou a importancia da reutilización e do reciclaxe no proceso de xestión de residuos. Ademais, felicitou ás persoas que participaron no proxecto, non só polo seu compromiso co medio ambiente, senón tamén pola súa colaboración na redución do custo do tratamento de residuos.

O Concello tamén quixo facer un chamamento á cidadanía para seguir facendo un uso responsable dos contedores dispoñibles para a recollida selectiva de diferentes fraccións, resaltando que a implicación cidadá é clave para o éxito destas iniciativas medioambientais.

Relacionadas