O Auditorio Municipal de Cedeira estrea un novo chan de madeira

O Concello investe preto de 8.000 euros nunha actuación motivada polo desgaste do escenario, que acolle ao longo do ano unha intensa actividade cultural
Imaxes da obra do Auditorio Municipal | Concello de Cedeira
Imaxes da obra do Auditorio Municipal | Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira renovará o chan de madeira do escenario do Auditorio Municipal, unha actuación que busca mellorar o estado das instalacións ante o desgaste provocado polo uso continuado do espazo. A obra conta cun investimento de 7.973,90 euros a través da Concellería de Cultura e está sendo executada pola empresa local Muebles e Carpintería García.

Os traballos responden á necesidade de renovar o pavimento do escenario, que soporta ao longo do ano unha importante actividade vinculada á programación cultural da vila e ás iniciativas promovidas polas diferentes asociacións e colectivos.

Un espazo con actividade durante todo o ano

O Auditorio Municipal é un dos principais escenarios da vida cultural de Cedeira e acolle habitualmente obras de teatro, concertos, festivais, proxeccións de cine, presentacións de libros e espectáculos para diferentes públicos.

A programación inclúe tamén actividades organizadas polas asociacións locais e citas de especial relevancia no calendario cultural, como o festival de ópera que se celebra durante o verán.

Esta utilización constante do escenario provocou o desgaste progresivo do chan, polo que o Concello decidiu acometer agora a súa renovación.

Os traballos rematarán en outubro

A previsión municipal é que a actuación quede rematada ao longo do mes de outubro, de maneira que o Auditorio Municipal poida afrontar a nova tempada cultural co escenario renovado.

Con esta intervención, o Concello busca mellorar as condicións do espazo e garantir que asociacións, colectivos e veciñanza continúen dispoñendo dun escenario adecuado para desenvolver as súas actividades culturais.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.