CORONAVIRUS | Ferrolterra rexistra once positivos nas últimas 24 horas

Xa son 49 os afectados polo Covid-19 fronte aos 38 do mércores
869e3619e222bf74e8dea874e904e8fd15bf387c

Ferrolterra volve rexistrar un importe incremento no número de positivos por coronavirus no seu área de influencia. A cifra que manexa o Sergas a día de hoxe é de 49 casos confirmados de Covid-19; once máis que os contabilizados onte, mércoles, que ascendían a 38.

Ademáis, dase a circunstancia de que por primeira vez dende que comezou a crise sanitaria, hai máis pacientes ingresados que na súa casa. Deste xeito, do total de infectados, 19 están en casa baixo vixilancia sanitaria e 30 nos hospitais. Destes últimos, 8 están en UCI e 22 en planta. A este casos hai que sumar os cinco falecementos rexistrados no área sanitaria de Ferrol dende o pasado domingo.

Respecto a este aumento significativo no número de infectados, cabe recordar que o pasado luns deron comezo os test dende o coche no hospital Novoa Santos o que aumentou significativamente o número de persoas controladas na comarca. Ademáis, onte na localidade de Ortigueira detectouse un foco de contaxio que xa afectara a cinco persoas e tiña a varias familias en alerta.

En Galicia, o número de casos ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo e 302 da de Santiago.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.