O programa municipal “Narón en Transición” convoca para o vindeiro sábado día 1 de agosto ás 10.00 horas, unha nova actividade “Ecosistemas de Narón” enmarcado nos Itinerarios didácticos. Nesta ocasión a actividade desenvolverase con saída e chegada nos apeadoiros de FEVE de Sedes e Xuvia.
Os itinerarios didácticos son propostas integradoras que suman as vantaxes da actividade física saudable coa interpretación do medio a través das explicacións de persoas expertas. O percorrido da actividade Ecosistemas de Narón: LIC Xuvia- Castro, cunha distancia de 5,4 quilómetros aproximadamente, transcorre por camiños de terra e sendeiros de herba polo que se recomenda levar botas impermeables.
A dificultade pódese considerar baixa, con poucos desniveis, paradas frecuentes e indicado para tódolos públicos. Ademais hai que ter en conta que o itinerario didáctico contará cun grupo máximo de 20 prazas previa inscrición. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden consultar e descargar toda a información na páxina web do Concello www.naron.es e no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion
Discussion about this post