As illas San Simón e Santo Antón, recoñecidas como Lugar de Memoria Democrática

O recoñecemento afecta ao conxunto do arquipélago que se ergue na ría de Vigo e permitirá preservar la memoria de los represaliados
Imaxe de arquivo do arquipélago fronte a Cesantes, no Concello de Redondela
Imaxe de arquivo do arquipélago fronte a Cesantes, no Concello de Redondela

As illas de San Simón e Santo Antón, na Ría de Vigo, xa forman parte da listaxe de Lugares de Memoria Democrática de España, unha distinción que reivindica e preserva o legado das persoas replesaliadas neste enclave. Situadas fronte a Cesantes, no Concello de Redondela, este recoñecemento protexe legalmente o espazo e asegura que se respeten os principios de verdade, xustiza e reparación cara as vítimas.

A decisión, firmada polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE), amparada baixo a Lei de Memoria Democráticia de 2022 e afecta á totalidade do territorio insular.

O maior campo de concentración de Galicia

Tras o golpe de Estado contra a Segunda República, o xeneral franquista Martínez Anido ordeou habilitar o arquipélago como campo de concentración para desconxestionar as prisións de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Ourense, a pesar de que, posteriormente, tamén chegou a recibir presos doutros territorios como Asturias.

Imaxe de arquivo da ponte que une San Simón, que funcionaba como espazo de reculisón, e Santo Antón, que acollía o cuartel militar e cemiterio

Ata o seu peche definitivo en marzo de 1943, polas súas celas chegaron a pasar 5.600 persoas. Sen contar os asasinatos directos —fusilamentos, ‘paseos’ e, en definitiva, execucións extraxudiciais—, 500 persoas morreron polas condicións de vida inhumanas ás que se viron sometidas: escaseza de alimentos e hacinamento extremo con ate 2.000 persoas que chegaron a estar confinadas simultáneamente.

Que cambia?

O espazo seguirá mantendo os usos que se lle dan na actualidade. Non obstante, este recoñecemento permite blindar a súa preservación e iniciar procesos para o recoñecemento da súa traxectoria histórica.

Entre as medidas promovidas pola Adminsitración Xeral do Estado, prevese a instalación de placas e paneis explicativos e puntos de recoñecemento ás vítimas; o desenvolvemento de contidos audiovisuais e dixitais; a suma de información xeolocalizada, fotografías e materiais sobre as illas ao portal da Secretaría de Estado de Memoria Democrática e súa inclusión en circuitos internacionais sobre Memoria Democrática.

Ademais, a declaración non modifica a titularidade das illas. A propiedade continúa en mans do Ministerio para a Transición Ecolóxica, mentres que a Xunta mantén a concesión para a súa ocupación.

Recoñecemento ao papel das ‘madriñas’

O documento oficial, que fai un repaso da traxectoria histórica do lugar, tamén plantexa poñer en valor o papel das ‘madriñas’. Trátase do nome co que se coñece popularmente ás veciñas organizadas de Cesantes que, comprometendo a súa seguridade, conformaron unha rede de apoio para os replesaliados.

Durante anos, funcionaron de nexo entre os presos e as súas familias, facéndolles chegar roupa, alimentos ou correspondencia nun contexto marcado pola represión.

A historia de San Simón como protagonista

Nos últimos anos, a illa de San Simón tamén foi obxecto de diversas iniciativas destinadas a recuperar, divulgar e reivindicar o seu pasado histórico, que contribuíron a poñer en valor o seu legado.

É o caso da páxina web promovida polo Concello de Redondela que busca dixitalizar e recuperar a historia dos presos da illa, durante décadas silenciada, e achegar información sobre as súas traxectorias vitais.

Tamén destaca o filme ‘San Simón’, de Miguel Ángel Delgado, estreado en 2025, que realiza un importante labor de divulgación da historia represiva de San Simón e contribúe a manter viva a lembranza do acontecido no arquipélago.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.