Falece un home na praia de Ponzos de Ferrol tras ser arrastrado pola forte corrente

Outro bañista intentou axudalo a saír da auga pero finalmente non puido facer nada por salvar a vida da vítima, o cal foi reanimado sin éxito polo corpo de socorristas do areal
tg_carrusel_cabecera_grande

Na tarde deste domingo 2 de agosto un home de 48 anos foi rescatado sen vida da praia de Ponzos, tras ser arrastrado mar adentro pola forte corrente. O falecido pertencía ao municipio de Fene e atopábase na zona nudista do areal, na Ferruxeda, polo que a asistencia médica tivo máis problemas xa que nesta área non se atopan membros de salvamento nin de socorrismo.

Segundo o 112, o home fora sorprendido pola forza do mar mentres estaba na auga, e aínda que outro bañista intentou salvalo este non foi capaz de darlle alcance. Posteriormente foi outra persoa presente na praia a que deu a voz de alarma ao 112  -sobre as 17:15 horas-  tras ver que había dúas persoas en apuros no mar.

De seguido dende o 112 puxéronse en contacto coa Policía Local, Policía Nacional, Salvamento Marítimo, o Servicio de Gardacostas de Galicia e o 061, os calos desprazáronse ao lugar dos feitos para intentar salvar a vida do bañista.

Finalmente e a pesar dos constantes esforzos que fixo o corpo de socorristas do areal para reanimar á vítima, non puideron facer nada ao respecto. Foi ás 21.00 horas cando o xuíz ordenou o levantamento do cadáver.

 

 

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.