A Federación Española de Baloncesto decidiu onte que non se celebrará a fase de ascenso de Liga Feminina 2 a Liga Feminina, rompendo así as esperanzas do Baxi Ferrol de poder loitar polo ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino. As ferrolás ían segundas cando se disputou a última xornada antes do parón pola crise do Covid, o que, en condicións normais, aseguroulles poder xogar o playoff de ascenso.
Con todo, a Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto determinou pasadas as oito da tarde de onte a imposibilidade de celebrar as Fases de Ascenso en LEB Oro, LEB Prata e Liga Feminina 2 ao non poder garantirse as medidas sanitarias establecidas no protocolo sanitario elaborado pola FEB nin o principio de competición en igualdade de condicións e, en consecuencia, dá por finalizada a Tempada 2019/20 en todas elas.
Deste xeito, na liga Feminina 2 ascenden a Liga Feminina Endesa o primeiro clasificado do grupo Liga Regular ‘A’ e o primeiro clasificado do grupo Liga Regular ‘ B’ a data da última xornada disputada (8 de marzo de 2020): Movistar Estudiantes e Snatt’ s Femení Sant Adrià.
NO habrá fase de ascenso.@BaloncestoESP anuncia la finalización de la competición en #LigaFemenina2 sin la disputa de las eliminatorias de ascenso de categoría.https://t.co/QcY2qscZb5 pic.twitter.com/jVBqz7acdo
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) May 25, 2020