Fene completa o reparto de 500 máscaras enviadas polo Goberno central

Distribuíronse en puntos de acceso a empresas ou polígonos a conductores que se dirixían ao seu posto de traballo
pcivil2

A agrupación local de Protección Civil de Fene e maila Garda Civil levaron a cabo entre onte e máis hoxe o reparto das máscaras enviadas polo Estado para atender os desprazamentos laborais no primeiro día de actividade tralo período de permiso retribuído e recuperable. A distribución fíxose entre as 07.30 e as 09.00 horas en puntos de entrega situados na Estrada da Palma, no cruce de Fene, nas Pías e tamén no acceso ao Vilar do Colo.

Alén deste material dun só uso, o Concello leva varios días entregando nas farmacias remesas de cubrebocas de tea lavable doadas por particulares e entidades. Foron un total de 400 -incluída unha pequena partida para os taxistas- e, de cara á semana que vén, chegarán outras 500 gracias á colaboración da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Esta nova partida e as que sigan chegando do tecido social fenés permitirán ampliar a distribución tamén ás panadarías para a súa entrega gratuíta.

 

 

 

Relacionadas