O área sanitaria de Ferrol volveu rexistrar hoxe un importe aumento no número de casos positivos por coronavirus ata situarse nos 209 actuais. Son 51 máis que os 158 contabilizados ata este luns. Un aumento que, segundo o SERGAS, responde a dous factores: por un lado o crecemento natural do virus e, por outro, o aumento no número de controis que se está facendo dende o coche no punto fixo do Novoa Santos, que está a destapar novos positivos por Covid-19 ata agora ocultos, na meirande parte dos casos con síntomas leves.
De feito, do total de casos rexistrados, 159 persoas atópanse nos seus domicilios baixo vixilancia sanitaria, e 50 están no hospital. Dos ingresados, 13 presentan un pronóstico máis grave e están na Unidade de Coidados Intensivos e os outros 37 están ingresados en planta, tanto do Marcide como do Naval.
A este pacientes, habería que sumarlle as oito persoas que xa morreron no área sanitaria de Ferrol a causa do coronavirus, todos eles de avanzada idade e con patoloxías previas. A boa nova é que xa se deron oito altas hospitalarias de doentes que estaban ingresados no CHUF.
Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, en Galicia hai actualmente 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo e 547 da de Santiago.
Discussion about this post