170 persoas aspiran aos dous postos vacances da Oferta Pública de Emprego de Ferrol

Son para os postos de auxiliar de biblioteca e arquivo e para o de axudante da Casa de Acollida
edificio02

O Concello de Ferrol publicou na edición de hoxe do Boletín Oficial da Provincia (BOP) a relación de persoas admitidas e excluídas para os procesos selectivos dun auxiliar de biblioteca e arquivo e dun axudante da Casa de Acollida. Ambas prazas completan a oferta pública de emprego (OPE) do 2018, que constaba de 18 vacantes, das que 16 correspondían á Policía Local e que foron cubertas recentemente.

No caso do posto de auxiliar de biblioteca e arquivo, a relación provisional de admitidos consta de 115 persoas, mentres que quedaron excluídas 18. No caso da praza de axudante da Casa de Acollida, as cifras son de 55 e 9, respectivamente. Os excluídos dispoñen dun prazo de dez días hábiles a contar dende o luns 4 (inclusive) para subsanar as causas de exclusión. No caso de que non o fixeran, quedarán excluídos
definitivamente.

Relacionadas