A Cociña Económica de Ferrol seguirá prestando o seu servizo ás persoas necesitadas, pero farano con restriccións. “A día de hoxe non existe ningunha alternativa ao servizo de comedor da Cociña Económica, pola contra, moitos usuarios menores de comedores escolares e algúns posibles de comedores senior, poderían verse obrigados a usar o noso servizo a partir de mañá”, explicaba Antonio Tostado, presidente da entidade.
A Xunta Directiva anunciu que restrinxirá temporalmente o acceso a novos usuarios ou a antigos que estivesen fóra da cidade. Ademáis, van redobrar o plan de limpeza, reforzando todas as medidas de prevención e desinfección de instalacións e material. Aqueles voluntarios que poidan estar en grupos potenciais de risco, deixarán de prestar servizos e incorporaranse controis preventivos sobre o novo persoal.
Discussion about this post