A residencia de maiores Mi Casa recibe unha doazón anónima de pantallas faciais e dous ordenadores

A Garda Civil foi a encargada de facer entrega do material a petición do empresario que realizou o agasallo
WhatsApp Image 2020-04-25 at 17.39.29

Un empresario anónimo da comarca realizou hoxe unha importante doazón de material para a residencia da terceira idade Mi Casa, no barrio de Canido, en Ferrol, que xestiona a asociación do Padre Ángel Mensaxeiros da Paz.

Este doante anónimo púxose en contacto coa Garda Civil para facerlles entrega de 200 pantallas faciais protectoras e dous ordenadores para que os residentes poidan poñerse en contacto cos seus familiares a través de videochamadas. O capitán da Compañía de Ferrol foi o encargado de entregar o material.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.