A temeraria ximnasia ao aire libre dun veciño de Ferrol

O home, de avanzada idade, foi capturado por unha veciña cando realizaba exercicio físico no tellado do seu edificio
ximnasi tellado

Nestes tempos de confinamento, para moitos veciños calquera excusa parece boa para sair da casa: dende facer a compra varias veces ao día ata pasear o can despois de cada comida. Pero a imaxinación deste veciño do Ensanche vai máis alá do imaxinable.

O home, que reside nun edificio entre a rúa Pintor Bello Piñeiro e a rúa Enxeñeiro Sánchez Bort, decidiu sair pola pequena ventá do tellado e colocarse no alto do edificio a facer unha rutina de exercicios físicos matutina ante a incredulidade dos veciños.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.