A Xunta estuda instalar hospitais de campaña en Ferrol, A Coruña e Santiago

Será a próxima semana cando se tome esta decisión de armar estas infraestructuras
10455638_615933778539331_2311142204127351296_n

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este domingo que «o risco» de ter que instalar hospitais de campaña na Coruña e Santiago «existe» e indicou que tamén está en estudo a posibilidade de facelo en Ferrol

Tras participar nunha vídeoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e co resto de presidentes autonómicos, Núñez Feijóo dixo nunha conferencia de prensa telemática que será a próxima semana, entre mañá luns e máis probablemente o martes cando se tome e anuncie a decisión sobre esta necesidade extra de camas, que descartou no resto de cidades.

Dixo que si se están usando camas e UCIs da sanidade privada, na medida na que os xerentes de cada área entenden que son os lugares máis adecuados para que sexan tratados os pacientes, e explicou que non coñece que os xestores destes centros opuxéronse, nese caso actuaría a inspección, advertiu.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.