O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este domingo que “o risco” de ter que instalar hospitais de campaña na Coruña e Santiago “existe” e indicou que tamén está en estudo a posibilidade de facelo en Ferrol
Tras participar nunha vídeoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e co resto de presidentes autonómicos, Núñez Feijóo dixo nunha conferencia de prensa telemática que será a próxima semana, entre mañá luns e máis probablemente o martes cando se tome e anuncie a decisión sobre esta necesidade extra de camas, que descartou no resto de cidades.
Dixo que si se están usando camas e UCIs da sanidade privada, na medida na que os xerentes de cada área entenden que son os lugares máis adecuados para que sexan tratados os pacientes, e explicou que non coñece que os xestores destes centros opuxéronse, nese caso actuaría a inspección, advertiu.
Discussion about this post