A evolución das obras de remodelación da praza de Armas obrigará mañá a deixar sen abastecemento de auga durante cinco horas aos dous edificios da rúa Terra situados entre Dolores e María. A interrupción do subministro, que afectará tamén ao pazo municipal, comezará ás 9.00 horas e está previsto que se
prolongue ata as 14.00.
Este corte débese á necesidade de levar a cabo traballos de enganche na rede, segundo informa Empresa Mixta de Augas de Ferrol.
Discussion about this post