Caballero di que quere converter a Ferrol nun referente da eólica mariña

O candidato socialista visitou hoxe a cidade convencido da "potencialidade industrial" da comarca e co "claro compromiso" de impulsala
Gonzalo Caballero Ángel Mato Ferrol

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Ferrol tras participar no debate electoral de onte na televisión pública no que, dixo, «quedou demostrado con claridade que en Galicia hai un proxecto cun líder esgotado no PP e un proxecto de futuro liderado polo PSdeG cunha crecente da maioría social e de progreso”.

Caballero, que estivo acompañado entre outros polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, defendeu o seu proxecto de goberno para Galicia, que inclúe un compromiso con Ferrol para traballar “a carón do goberno municipal e de España para o avance” desta cidade. Ratificou o seu compromiso coa VAC Costa Norte, a aposta pola sanidade pública e, sobre todo, pola reactivación industrial.

Caballero comprometeuse hoxe a “desenvolver un proxecto de goberno cun plan de traballo pola industrialización de Ferrol, para darlle a esta cidade e a esta comarca unha posibilidade de futuro que somentes os socialistas podemos garantir”. O líder dos socialistas galegos comprometeuse a converter a Ferrol e a toda a comarca nun polo da industria eólica mariña, aproveitando as sinerxias do sector naval e a desenvolver o estaleiro 4.0.

Ao respecto da construción de pezas para a eólica mariña, recordou “o propio Feijóo viu a poñerse na foto cando non fixo nada por Ferrolterra en once anos de goberno”. Sinalou que o desenvolvemento de avances concretos da eólica mariña “é compatible co compromiso claro coa transición enerxética cara fontes de enerxía renovables”.

O candidato socialista comprometeuse a “colaborar co goberno de España para potenciar a capacidade industrial” e a “potencialidade de Ferrol”. Esta, dixo, pode ser exportada a todo o mundo porque ten moi boas empresas, moita experiencia e un magnífico capital humano, unha capacidade de industria moi potente que necesita estratexia”.

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.