O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, visitou esta mañá a urbanización Fenya, onde acaban de rematar os traballos para arranxar as deficiencias detectadas na urbanización AEI-13 Fenya. O rexedor e a edil percorreron os xardíns xunto con técnicos municipais e comprobaron o estado da zona unha vez o Concello recibiu as obras.
Os problemas na parcela onde se asentaba a antiga Fenya comezaron hai arredor de tres anos, cando afundiu o terreo e venceu o muro de contención que o soportaba, o que afectou aos xardíns e á zona contigua onde se encontra a escola infantil Virxe de Chamorro.
O proxecto para arranxar as deficiencias na urbanización incluíu a retirada do mobiliario urbano, o saneo e reposición do terreo, a demolición dos muros existentes e a execución de novos muros, a renovación das instalacións de alumeado, rego e pluviais, a renovación da pavimentación e a reposición do mobiliario. O prezo do contrato foi de 120.939 euros
Discussion about this post