A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, o presidente da Asociación Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, e os artistas do colectivo Retoque Retro, Isaac García, Javier Serantes e Ana Lee, inauguran mañá, xoves 12 de marzo, ás 12:00 horas, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario, a exposición Mar de Plástico.
A mostra inclúe numerosas obras realizadas con materiais plásticos recuperados das praias galegas. A través desta iniciativa, Mar de Fábula e Retoque Retro queren concienciar á cidadanía sobre a contaminación do océano por mor do lixo plástico. A exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro martes 31 de marzo, enmárcase dentro do programa Marzo Ambiental que promove a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña en colaboración coa Fundación Alcoa.
Discussion about this post