O Concello de Ferrol oferta sete formacións telemáticas para empresarios turísticos

Seis delas impartiranse en formato vídeo mediante Vimeo e outra mediante unha webinar a través de Zoom
97723450_3067907586637208_4764975686144229376_o

O Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, oferta sete formacións telemáticas dirixidas a empresarios turísticos. Seis delas impartiranse en formato vídeo a través da ferramenta Vimeo —cada participante recibirá o seu contrasinal para o seu visionado— e unha mediante webinar en directo na plataforma Zoom.

A iniciativa, cofinanciada pola Deputación de Coruña, forma parte do programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña para o presente ano.

Todas as formacións comezarán ás 17.00 horas. A primeira, Deseño de mapa de experiencias de clientes para o sector turístico, terá lugar e día 4 de xuño. A segunda, Deseño, creación e posta no mercado de experiencias de turismo gastronómico, o 9 deste mes. A terceira, A importancia do deseño web e do motor de reservas para incrementar as directas en aloxamentos turísticos, terá lugar o mércores 10 de xuño a través da plataforma Zoom.

O día 11 impartirase a cuarta formación ofertada polo Concello de Ferrol, que abordará o Márketing dixital e estratexia de contidos aplicados á xestión de crises. O 16 terá lugar o curso Implantación de CRM e e-mail márketing en cloud e o día 18 o de Inmersión á transformación dixital e desenvolvemento de negocios. Por último, o 23 de xuño terá lugar a formación baixo o título Innovarse ou morrer, claves para definir unha folla de ruta de innovación nas pymes.

Todos os interesados en participar poden enviar un correo electrónico a [email protected] ata dúas horas antes do inicio de cada curso indicando o nome da empresa.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.