O Concello de Ferrol reparte material educativo entre o alumnado con menos recursos

Voluntarios de Protección Civil e persoal da concellería de Seguridade recolleron esta mesma semana libros, follas impresas e unha vintena de ordenadores proporcionados polos centros educativos para achegarllos aos escolares ferroláns
2020_04_16MaterialEscolar02

O Concello de Ferrol comezou esta semana a repartir material educativo entre aqueles alumnos que o necesitan para realizar as tarefas escolares nos seus fogares e continuar así coa súa formación durante o tempo que dure o confinamento. Voluntarios de Protección Civil e operarios da concellería de Seguridade recolleron dende o pasado martes numerosos libros e material impreso nos CEIP A Laxe e Virxe do Mar (Narón), e preto de 20 ordenadores portátiles no IES Leixa, que xa foron entregados aos seus alumnos correspondentes, ata o momento, unha trintena.

O obxectivo do Concello é “atender as necesidades das familias, que nos chegan dende as direccións dos centros”, explica o edil de Educación Antonio Golpe, quen destaca a importancia de posibilitar que “aqueles escolares que nestes momentos non dispoñen nos seus fogares dos medios materiais ou tecnolóxicos necesarios para realizar as tarefas escolares poidan facelas”.

Os propios responsables dos centros educativos son os que están a canalizar as necesidades do alumnado. As familias que precisen desta axuda deben comunicarllo a eles. A partir de aí, serán as direccións dos colexios as que se encarguen de poñerse en contacto coa concellería de Educación para poder coordinar a entrega do material nos domicilios.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.