O goberno de Ferrol pon como data límite o 3 de abril para abrir a praza de Armas

Dende o Concello explicaron que o proxecto demorouse debido a traballos da compañía eléctrica nos centros de transformación subterráneos
WhatsApp Image 2020-03-03 at 2.49.15 PM

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a segunda ampliación do prazo de execución da remodelación da praza de Armas. Deste xeito, a marxe da adxudicataria para rematar os traballos increméntase en catro semanas, co que a obra deberá estar lista antes do 3 de abril. Segundo explicou o voceiro do goberno local, o concelleiro Julián Reina, na rolda de prensa posterior á reunión, este incremento debera ser suficiente e incluso se mostrou confiado de que non será necesario esgotar o
prazo. En todo caso, asegurou que a praza “estará preparada para as procesións da Semana Santa”.

Durante as últimas datas viñéronse desenvolvendo traballos como a colocacióndas lousas históricas nas beirarrúas e de pedras nas rúas Real, Terra e Rubalcava, uns traballos que continúan estes días e aos que principalmente lles falta por executar os tramos próximos á rúa María. O novo pavimento de granito na fronte do Concello está case listo, mentres que nos laterais se demorou debido a traballos da compañía eléctrica nos centros de transformación subterráneos existentes en Terra e Rubalcava.

Tamén está instalado o alumeado público, consistente en catro báculos de dez metros de alto con varios proxectores cada un deles. A zona que se cubrirá con terra xa ten rematadas as instalacións de saneamento e está ao nivel da base de pavimento estabilizado que servirá de acabado. A previsión é que os traballos se inicien estes días.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.