Os activos por coronavirus na área de Ferrol descenden nun 46% en só un día

Os Sergas informa que o número de contaxiados descendeu ata as 35 persoas no día de hoxe
marcideurxencias1

A Dirección Xeral de Saúde Pública informou dun importante descenso no número de casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas na área sanitaria de Ferrol. O número de casos activos descendeu máis dun 46% pasando de 65 persoas a 35 no día de hoxe. Isto supón que se deron 30 altas epidemiolóxicas durante a xornada do sábado.

Dos actuais contaxiados por coronavirus, dous están ingresados no hospital Arquitecto Marcide e 33 atópanse en illamento domiciliario. Isto supón que nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal un otal de 525 persoas superaron xa o virus e gozan actualmente de inmunidade. Respecto do número de falecidos, non se rexistraron novas mortes relacionadas co Covid-19 desde o pasado día 9, polo que o total de vítimas mortais segue sendo de 33 persoas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.