Denuncian un boneco ameazante contra o alcalde de Poio en plena polémica polo Samaín

Dende diferentes ámbitos faise un chamamento a un diálogo que evite que a confrotación siga escalando
O boneco colgado dunha árbore en Campelo | REDES SOCIAIS
O boneco colgado dunha árbore en Campelo | REDES SOCIAIS

A controversia arredor da organización do Samaín en Poio deu un novo paso esta semana coa aparición dun boneco colgado dunha árbore na zona de Campelo, unha figura que foi interpretada polos veciños como unha alusión ao alcalde do municipio, Ángel Moldes. A imaxe, difundida a través das redes sociais, xerou reaccións inmediatas.

A orixe da polémica: o desacordo pola organización do Samaín

O episodio produciuse no contexto do desacordo existente entre o goberno local e distintos colectivos veciñais vinculados á organización das actividades que nos últimos anos se consolidou como unha das citas festivas máis destacadas do concello. As diferenzas sobre a planificación e desenvolvemento do evento derivaron nas últimas semanas nun crecente intercambio de críticas entre as partes implicadas.

A presenza do boneco provocou a condena das formacións da oposición municipal, que consideraron inapropiado recorrer a este tipo de representacións para expresar o malestar político ou veciñal. Desde estes grupos apelouse á responsabilidade e ao respecto institucional, defendendo que as discrepancias deben canalizarse a través do debate democrático e non mediante accións que poidan interpretarse como ataques persoais.

O texto en detalle do boneco colgado | REDES SOCIAIS

O debate traslada a polémica ás redes sociais

Pola súa banda, nas redes sociais tamén se abriu un intenso debate entre quen consideran a figura unha msotra de protesta simbólica e quen entenden que a súa colocación excede os límites da crítica política. A difusión dos fotografías do boneco contribuíu a ampliar a repercusión do asunto máis alá do propio municipio.

Mentres continúa a discusión sobre a organización do Samaín e o papel das distintas entidades implicadas, o ocorrido en Campelo engade un novo capítulo de tensión a unha polémica que leva semanas ocupando a actualidade local. Dende diferentes ámbitos faise un chamamento a un diálogo que permita reconducir o conflito e evitar que a confrotación siga escalando.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.