A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a Asociación de Novos Empresarios, a Asociación de Empresarios Ferrolterra, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, BOTO Catabois, Ultramar Village, CCA Ferrol‐A Magdalena e HOSCOMPRO de Canido celebraron onte unha vídeo‐conferencia co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a concelleira de Economía, Facenda e Promoción Económica, Maite Deus, na que trasladaron ao goberno municipal a imperiosa necesidade de adoptar medidas que garantan o mantemento do tecido produtivo da comarca.
Entre estas medidas urxentes e a curto prazo están a posta en marcha dunha liña de axudas directas a autónomos e pemes afectadas polo estado de alarma e a supresión dos recibos e impostos municipais durante todo o período en que se manteña o estado de alarma, con prorrateo durante 12 meses do importe. Os empresarios tamén demandan a execución inmediata dos pagos pendentes a provedores, dando prioridade a os que teñan a súa sede fiscal nos Concellos que forman parte da Mancomunidade.
Paralelamente, piden a posta en marcha de unha campaña de comunicación con o obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a importancia de consumir nos negocios locais, para manter viva a cidade e o seu estilo de vida. A axilización e simplificación de os trámites administrativos e procesos burocráticos necesarios para solicitar as axudas e liñas dispostas.
Tamén solicitan compromiso político para a posta en marcha dun Plan de Dinamización e Reactivación que contemple accións a moi curto prazo, co obxectivo de poñer en marcha os distintos sectores económicos da cidade. E a constitución inmediata dunha Mesa de Traballo na que estean a iniciativa privada e as administracións públicas, co único obxectivo de definir, coordinar e executar un Plan Estratéxico para Ferrol a 10 anos que marque un rumbo claro e invariable cara á recuperación e posta en valor da nosa cidade e, por extensión, da comarca.
As entidades conclúen que “estamos ante un momento clave e non temos marxe de erro”, polo que “Ferrolterra esixe proxecto, unión, xestión e compromiso”.
Discussion about this post