Os pais dos escolares ferroláns poderán acudir aos centros a recoller o material didáctico

As direccións dos colexios ou institutos que desexen participar neste plan deberán comunicarse co departamento municipal de Educación
ies-concepcion-arenal_img108546t0

O Concello de Ferrol vén de poñer en marcha un plan de coordinación entre as concellerías de Educación e Seguridade para facilitar que os pais poidan acudir ao centro de ensino dos seus fillos a retirar o material escolar necesario para desenvolver as súas tarefas no fogar. Aínda que, como recordan den Concello, esta actuación non está entre as súas competencias, o goberno local «quere colaborar cos centros, coas familias facilitando que os pais poidan moverse pola cidade para acudir aos centros de estudo dos seus fillos», e co apoio dos axentes autorizados en materia de seguridade e tráfico.

Algúns dos centros que xa se beneficiaron deste plan municipal son os CEIP Ponzos e Pazos e os IES Leixa e Catabois, entre outros. As direccións dos centros deben trasladar por correo electrónico ao departamento municipal de Educación a súa vontade de permitir que os proxenitores ao instituto.

O Concello adxudica aos centros que o soliciten os días nos que pode facerse a recollida de material e trasládao ao departamento de Seguridade, para que tanto a Policía Local como a Nacional dispoñan da información sobre cando poden os pais desprazarse pola cidade en dirección ao colexio dos seus fillos. Pola súa banda, os centros envían ás familias unha comunicación co día, hora e procedemento a seguir na retirada do material, que poderá ser requirida polos corpos e forzas de seguridade do Estado.

 

Relacionadas