Un total de 943 aspirantes aos postos de operarios e empregados junior para as plantas de Navantia na ría de Ferrol realizarán a próxima semana as probas de acceso, tal e informou onte a compañía tras publicar as listas de admitidos na súa páxina web.
As probas terán lugar entre os días 14 e 17 e a empresa pública informará aos candidatos antes do venres día 10 de xullo do lugar e a hora no que se realizan os exames, aínda que todo apunta a que terán lugar no recinto feiral de Punta Arnela, nunha das naves da antiga Feira de Mostras.
Son un total de nove especialidades as que se inclúen nesta oferta de emprego público entre as que se atopan Asistencia á dirección, Automática e Robótica, Automoción, Bachelerato e outros ciclos de FP, Construccións Metálicas, Fabricación mecánica, Mecanizado, Mecatrónica Industrial e Operacións de Laboratorio.
Discussion about this post