A Plataforma de Contratación del Sector Público publicou hoxe o anuncio de licitación electrónica da ampliación do viario de acceso ao cemiterio de Serantes, unha obra recollida no POS+2018 (Plan de Obras e Servizos) da Deputación da Coruna.
O proxecto conta cun presuposto de 227.433,86 euros (con impostos incluídos) e as empresas interesadas poderán presentar as ofertas, de forma electrónica, ata o día 1 de xuño.
Unha vez adxudicados os traballos, a firma seleccionada dispondrá dun prazo de catro meses para levar a cabo as obras de ampliación do vial.
Reparación de beirarrúas
A plataforma tamén publicou hoxe o anuncio de licitación electrónica da reparación de beirarrúas nas estradas da Deputación da Coruna DP-3603 (de Catabois a Cobas), DP-3604 (de San Xoán de Filgueiras a Catabois), DP- 3605 (de Penas de Guitín a San Xoán de Filgueira), DP-3608 (de San Felipe a Montecuruto), DP-3609 (de Os Corras á Malata) e a DP-3612 (de Aneiros a Cabana) por un importe de 139.000 euros.
A presentación de ofertas poderá facerse de forma electrónica ata o 1 de xuño. Neste caso, o prazo de execución dos traballos tamén é de 4 meses.
Discussion about this post