Un veciño de Ponteareas, de 65 anos, foi investigado polos axentes do Seprona de Pontevedra como presunto responsable do incendio forestal que o pasado 6 de agosto de 2025 calcinou 89,99 hectáreas no municipio das Neves e obrigou a activar a situación 2 pola proximidade ás vivendas.

O incendio obrigou a desaloxar veciños e mobilizar á UME
O lume afectou a varias aldeas próximas e requiriu a intervención da UME, ademais de provocar o desaloxo de doce persoas, o confinamento doutras zonas habitadas e cortes de tráfico na A-52 durante os días 6 e 7 de agosto. A investigación iniciouse o mesmo día do incendio e prolongouse ata agora, coa participación da Unidad Central Operativa de Medio Ambiente (Ucoma), que apoiou ao Seprona na realización de diligencias tecnolóxicas avanzadas. Gracias á colaboración cidadá, os axentes centraron as pesquisas nun home que foi chamado a declarar.

As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia, Sección Civil e de Instrución número 2 de Ponteareas, onde continuará o proceso xudicial. Paralelamente, a UIFO da Xunta elaborou o informe técnico sobre a orixe do lume, concluíndo que o incendio foi provocado de maneira intencionada.