Sube o número de contaxios por Covid-19 en Ferrol, pero disminue o de ingresados

Case 9 de cada 10 doentes están en casa baixo vixilancia sanitaria con sintomatoloxía leve
marcidex

A Dirección Xeral de Saúde Pública informou hoxe dun leve repunte nos casos positivos de coronavirus na área sanitaria de Ferrol. O último dato rexistrado foi de 343 casos, cinco máis que onte, o que supón un crecemento dun 1,48%. Un dato dentro do incremento medio que se ven dando na área de Ferrolterra dende o mes de abril.

A boa nova é que disminue o número de ingresados nos hospitais de Ferrol e aumenta o número de altas, que xa van por 54. A día de hoxe hai 39 persoas hospitalizadas -tres menos que onte-, das cales 8 atópase nas unidades de coidados intensivos -dous menos-. O resto de afectados polo virus, 304 doentes, que representan un 88,5%, atópanse nos seus domicilios con sintomatoloxía leve.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.