Últimas datas para apuntarse ao concurso de novos talentos ‘Talentiño’ da Intrabarrial de Canido

Poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas da comarca de ferrolterra con idades entre 6 e 18 anos
Imagen de archivo de la cantante Lucía Pérez
Imagen de archivo de la cantante Lucía Pérez

O tecido veciñal de Canido xunto ao Concello de Ferrol intentan buscar novos talentos, xóvenes, das artes musicais e da danza nun concurso baixo o nome de “O talentiño”. Este certame xa non só busca premiar a os mellores músicos ou bailaríns, senón que entre os participantes o xurado seleccionará aqueles que pasarán a formar parte dun catálogo dixital de novas promesas.  A “O Talentiño” poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas da comarca de ferrolterra con idades entre 6 e 18 anos, ambas idades incluídas. Establécense dúas categorías de participación: unha para música, canto ou interpretación de Instrumentos musicais e outra para danza.

O gañador de cada categoría elixirase nun proceso de dúas rondas. A primeira fase de preselección, aberta xa, remata esta semana o 15 de abril, e consiste no envío de vídeos —subidos a YouTube— e anexos de inscrición —dispoñibles na web talentos.avcanido.org— ao correo [email protected] As propostas seleccionadas concursarán o 30 de abril nun festival que servirá de antesala ás festas dos maios. Tratarase dun festival que será presentado polos músicos ferroláns Joaquín Enríquez e Elisa Esperante e que contará como xurado con: Lucía Pérez (catante eurovisiva) Xabier Vizcaino (músico e compositor) e Eva Faraldo (profesora de música e danza). Os seleccionados pasarán a formar parte dun catálogo web de xóvenes talentos, e os gañadores obterán un vale para gastar en comercios locais.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.