Un veciño de Ferrol está a ser investigado nunha operación levada a cabo polo Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía Guardia Civil de A Coruña. Na denominada operación BIPINKO foron detidas dúas persoas e xunto ao veciño de Ferrol investigaranse a outras dous presuntos culpables.
A Operación comezou por mor dunha denuncia interposta nas dependencias do Cuartel da Garda Civil de Miño (A Coruña), na que a vítima expoñía que fora estafada, xa que os estafadores lle realizaron cargos na súa tarxeta bancaria por un importe total de 2.163,47€.
Esta gran cantidade de diñeiro estaba destinada á compra de diversos produtos durante a época de confinamento domiciliario imposto como consecuencia da Covid-19. Durante este período, no cal o denunciante non tiña acceso a banca online por ser unha persoa maior sen coñecementos informáticos, os estafadores aproveitaron ditas circunstancias para realizarlle diversas compras de roupa, comida, xogo online de casas de apostas, consolas, e tv de pago, así como recargas de varias liñas telefónicas.
Tras a investigación, púidose determinar que un dos detidos -unha muller- mantivo na súa época unha relación de parella-amizade coa vítima, e que este cedeu a mesma ao resto do grupo, os cales podían utilizala sen preocupacións, pois a detida aseguroulles que o denunciante non se ía a decatar dos cargos na tarxeta.
De feito, unha vez que a vítima soubo que algo raro sucedía na súa conta bancaria, pediu axuda a detida, a cal intentou omitir datos á Garda Civil para intentar manter no anonimato ao resto de cómplices da estafa.
Discussion about this post