A concellería de Educación de Narón ofrece actualmente axuda a uns 150 alumnos e alumnas para que poidan dispoñer do material necesario para realizar as tarefas correspondente. A axuda ofrécese naqueles casos nos que os estudantes a precisan para imprimir os traballos que lles envían dende os centros durante a crise sanitaria pola Covid-19. “Nun principio comezamos atendendo a unha trintena de menores pero a cifra aumentou considerablemente. Dende o goberno local contactamos cos centros de ensino para ofrecer a colaboración necesaria poñendo os recursos dixitais disponibles á súa disposición”, explicou a rexedora local Marián Ferreiro.
Os traballos que envía o profesorado e se imprimen e semanalmente se entregan, a través de Protección Civil, aos estudantes para que continúen avanzando no curso escolar en igualdade de condicións que o resto de compañeiros. Así mesmo, o Concello atendeu a petición do instituto das Telleiras e facilitou cinco conexións a internet para o alumnado que non tiña acceso ao citado servizo.