Aberto o prazo de inscrición para asistir á andaina pola Ruta dos Muíños de Narón

A saída será este domingo dende o mosteiro do Couto ás 09:30 da mañá
Arquivo - Primeira andaina do programa 'Ponte en ruta con nós' | CONCELLO DE NARÓN
Arquivo - Primeira andaina do programa 'Ponte en ruta con nós' | CONCELLO DE NARÓN

As persoas que desexen asistir á terceira e última andaina desta tempada do programa municipal “Ponte en ruta con nós” poden anotarse ata mañá, incluído. O Padroado de Deportes de Narón retomou este ano o tradicional programa de andainas, que está limitado a un máximo de 150 persoas. 

O percorrido a realizar na convocatoria, do 26 de xuño será polos muíños da marxe do río Xuvia, con saída dende o mosteiro do Couto ás 09:30 horas cara á área recreativa de Pedroso. O prezo para poder asistir e de 5 euros, debendo cubrir as instancias nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara, en horario de mañá, de 08:30 a 13:00 horas.

Os muíños de As Aceas e Xuvia son dous dos reclamos desta particular ruta, que discurre por paisaxes de gran beleza natural que permiten desfrutar da contorna e na que os camiñantes tamén poderán ver outras construcións de gran valor histórico e cultural. Unha vez no punto de remate da ruta, en Pedroso, os participantes serán trasladados en autobús ata o mosteiro do Couto.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.