A Garda Civil detivo en Narón a dúas persoas, que se saltaron as restricións de mobilidade, como supostos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes. A detención levou a efecto ás 16:00 horas do día 02 de abril, no quilómetro 6 da autovía AG-64, ao seu paso por Narón, onde compoñentes do Destacamento de Tráfico de Ferrol e do Subsector de tráfico da Coruña montaran un dispositivo para o control de vehículos e persoas.
Os dous homes viaxaban xuntos nun turismo e non poideron demostrar que a súa viaxe estivese xustificada, polo que os axentes procederon a levantar unha denuncia que será remitida á Subdelegación do Goberno da Coruña. Lonxe de rematar ahí a intervención da Garda Civil, ante o nerviosismo, inexactitudes e actitude sospeitosa dos infractores os axentes decidiron examinar a fondo o vehículo e aos ocupantes.
Verificando documentacións comprobouse que o condutor do vehículo tiña unha perda de vixencia no seu permiso de condución, polo que se lle imputa a comisión dun delito contra a seguridade viaria. E tras un rexistro exhaustivo ao que se someteu ao turismo os Gardas Civís atoparon droga escondida na carrocería do vehículo, momento no que se procedeu á detención dos dous ocupantes do vehículo, por un suposto delito contra a saúde pública por tráfico de substancias estupefacientes. Concretamente os axentes incautaron uns 10 gramos de heroína en roca e uns 2 gramos de cocaína base.
Polo estes feitos as persoas foron postas a disposición xudicial, o vehículo foi intervido e as substancias intervidas remitidas á Sección de Sanidade da Subdelegación do Goberno, para a análise e informe á autoridade xudicial.
Discussion about this post