«En Narón, os Maios ao balcón” é a proposta do Concello para da a benvida a primavera

A iniciativa invita aos naroneses a crear con materiais que teñan na casa uns maios para colgar nos balcóns ou nas ventás
b60b80ceb19bbc9f20afe2ab3cd26376

“En Narón, os Maios ao balcón” é o lema baixo o que se celebrará o vindeiro mes a vixésimo terceira edición desta tradicional festividade en Narón. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, explicou que debido á actual situación do estado de alarma, ao igual que sucedeu con outras actividades impulsadas dende o Concello elaborouse unha proposta diferente na que poderán participar todas as veciñas e veciños da cidade.

A iniciativa consiste en que cada veciño elabore un Maio utilizando material de refugallo, «cousas que teñades a man nas vosas casas, respectando en todo momento o actual confinamento do estado de alarma”, explicou Ferreiro. Os Maios que elabore a veciñanza poderán ser do tamaño e forma que desexen as persoas que os realicen e poderán tamén estar inspirados noutros Maios, tal e como se contempla dende a organización.

Ademais de colgalos nas ventás e nos balcóns, os que o desexen poden enviar a súa creación antes do 5 de maio á dirección de correo [email protected] (co nome completo, unha dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto) para que o Concello elabore un vídeo con tódalas aportacións dos veciños.

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.