Narón ampliará a rede de abastecemento en Ferrerías e Prados

As obras realizaranse paralelamente aos traballos de saneamento e terán un prazo de execución de catro meses
ferrerías

A empresa mixta de augas de Narón, Cosma, executará a ampliación da rede de abastecemento na zona de Ferrerías-Prados, tal e como se informou esta mañá na reunión do consello de administración da entidade.  Os traballos executaranse na estrada provincial DP-5404 de xeito simultáneo aos das obras de saneamento –que se iniciarán próximamente- no mesmo tramo do citado vial, «o que suporá un importante aforro ás arcas locais e facilitará a posta en servizo do abastecemento nesa zona do termo municipal”, explicou a alcaldesa Marián Ferreiro.

As obras iniciaranse nas vindeiras semanas nos lugares de Ferrerías e Prados, nun tramo que nestes momentos carece de servizo de abastecemento. “Unha vez executada esta intervención, poderase dar servizo a preto de sesenta vivendas localizadas nesa zona do concello”, avanzou Ferreiro. O prazo de execución destes traballos é de catro meses.

No plan de investimentos de Cosma para as anualidades comprendidas entre 2018 e 2023 hai contempladas actuacións valoradas en 2,6 millóns de euros, o cal permitirá ampliar a rede de saneamento na zona rural, reforzala en determinados tramos da zona urbana e tamén renovar as redes en estradas como a do Feal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.