Narón entregou 2.000 mascarillas aos centros de saúde da cidade para repartir entre os pacientes

Continúan as entregas de cubrebocas a domicilio e o reparto de outras 6.000 unidades entre os usuarios do transporte público
96423804_2628462950744427_9069856539757510656_o

O Concello de Narón entregou un total de 2.000 mascarillas quirúrxicas para repartir entre os pacientes que acuden ás súas citas nos centros de saúde do termo municipal, localizados no Alto, no Val e en Pedroso. “Ás mil catrocentas unidades que entregamos para que se repartisen entre a veciñanza a través dos tres centros de saúde da cidade súmanse outras 600 que se entregaron o pasado día 4 de maio, para colaborar ante esta crise sanitaria en materia de prevención da propagación do coronavirus”, indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

As anteriores entregas de mascarillas para o centro de saúde realizáronse os días 22 de abril, cun total de 1.000 unidades e o 24 de abril, con outras 400 unidades. O goberno local tamén reparteu entre a veciñanza as 6.000 mascarillas entregadas pola subdelegación do Goberno en Galicia. Axentes da Policía Nacional e da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón reparten esas mascarillas entre usuarias e usuarios de servizos de transporte.

O Concello continúa ademais co servizo de entrega a domicilio de cubrebocas realizados por veciñas e veciños do municipio con material doado e que entrega persoal voluntario coordinado polo equipo de Protección Civil de Narón.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.