O salón de actos do IES Terra de Trasancos acollerá mañá, ás 17.30 horas, unha charla da pedagoga Anabel Mosquera sobre “O xogo con apostas”. A convocatoria diríxese a familias de alumnas e alumnos dos centros Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos.
As apostas do século XXI: adolescentes e ludópatas; o poder da publicidade: non é un xogo, é un negocio; factores de protección e factores de risco; e evolución de xogo lúdico-xogo problemático-xogo adictivo son os temas que se abordarán no transcurso desta convocatoria. Así mesmo, daranse a coñecer os resultados do estudo sobre adolescentes e ludopatía realizado polo Concello de Narón a través das concellerías de Mocidade e Ensino en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
O goberno local tamén está levando a cabo o Proxecto de prevención de conductas adictivas sen consumo de substancias abordando o tema do xogo con apostas en obradoiros que se imparten con alumnado de terceiro curso da ESO e FPBI e outras sobre o uso de redes sociais con escolares de segundo curso da ESO.
Discussion about this post