Odeón rebare as súas portas cun aforo máximo de 3.600 usuarios

Durante a mañá de hoxe o goteo de usuarios foi constante, pero non se rexistraron aglomeracións en ningún dos locais
odeon

A volta a normalidade do centro comercial Odeón, o único dos grandes centros comerciais pechado desde o inicio do estado de alarma, desenvolveuse durante esta mañá con certa normalidade. Ata as 12.00 do mediodía pouco máis de 200 persoas se achegaron ao complexo comercial, que controlará o seu aforo mediante o sistema de conteo automático das súas portas ata un máximo de 3.600 usuarios.

Con esta medida vixiarase que non se formen aglomeracións e que se poida manter a distancia social entre os visitantes. Neste sentido e en colaboración e coordinación cos operadores, tamén se traballou en medidas e protocolos de actuación que eviten a formación de colas nos establecementos. Respecto a as aperturas, todos os locais —incluída a restauración— poderán abrir con limitacións do 40% do seu aforo.

Desde a xerencia do Odeón, explicaron que antes da reapertura levouse a cabo unha profunda desinfección de todo o centro comercial, incluído o aparcadoiro e as zonas contiguas, e desde agora aumentarase a limpeza e desinfección das zonas susceptibles de contacto – pasamanos, botóns de ascensores, lavabos- e dispoñerase de xeles hidroalcohólicos para clientes e empregados. Usaranse tamén canóns de ozono durante a noite para a desinfección de diversas zonas, focalizándose na desinfección completa dos aseos ao final da xornada.

Ademais, farase especial énfase en que se respecte a distancia social, mediante indicacións para ese efecto e señalética en todo o centro. Estas indicacións serán visibles desde que o cliente inicia a súa visita, xa sexa a pé ou no seu propio coche, ata que termina as súas compras, e non só servirán para lembrar a necesidade de respectar o distanciamento social, senón tamén as normas de hixiene.

Os ascensores estarán limitados a unha soa persoa, e poderán ser utilizados exclusivamente por persoas con discapacidade ou carriños de bebé. Ademais, e para garantir a seguridade dos visitantes, algúns espazos como as zonas de descanso ou as zonas de xogo de nenos, permanecerán pechados.

Relacionadas