A pasada semana comezaron as obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga, ao seu paso pola parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume.
Trátase da substitución dun tramo da actual conducción de fibrocemento duns 600 metros por outra de fundición, que abastece ao 80% do municipio, e que debido ao estado de deterioro que presenta viña sufrindo constantes roturas nos últimos anos.
A obra está cofinanciada entre a Deputación e o Concello e conta cun orzamento de 231.250,01 euros. Con esta actuación, os investidos do Concello na renovación e mellora da rede de abastecemento de auga chegan a preto de 1 millón de euros.
En Narón
A empresa mixta Cosma, que xestiona os servizos de subministración de auga potable e mantemento da rede de saneamento de Narón, vén de rematar as obras de renovación de 80 metros na rede de abastecemento na rúa Tui, no Alto. Unas infraestuturas que presentaban riscos de roturas frecuentes, que tiñan canalización de fibrocemento e que agora se cambian por outras para evitar esas posibles roturas.
Así mesmo, se levou a cabo a renovación das rede de abastecemento nas rúas Río Pereiro e Río Inxerto, ambas en Xuvia. Dendo o Concello explicaron que en total, cos traballos proxectados nestas tres rúas do termo municipal renováronse uns douscentos metros da rede de abastecemento e nos vindeiros meses continuarán os traballos noutros puntos do municipio.
Discussion about this post