Neda abre o prazo para solicitar as axudas para material escolar e transporte

O goberno local destinará unha partida de 6.000 euros para estas subvencións dirixidas ás familias con escasos recursos
119164492_3314975665208098_5142158055320900414_o

O Concello de Neda abriu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, así como ás subvencións para custear os gastos de transporte para estudantes universitarios/as ou de Formación Profesional.

Dirixidas a familias con escasos recursos económicos, a Administración local reserva unha partida de 6.000 euros para este capítulo. O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte a convocatoria das dúas líneas de axudas, abrindo hoxe, e por espazo de 20 días naturais, o prazo para solicitalas. Un trámite a realizar no Rexistro Xeral da casa consistorial en horario de 09.00 a 14.00 horas.

No tocante ás axudas para material, cubrirán libros de texto e material de papelería, mochilas ou estuches sempre e cando os posibles beneficiarios non reciban outras axudas por este mesmo concepto. Poderán solicitalas os alumnos matriculados en centros educativos sostidos con fondos públicos, dende Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional (FP).

No caso das axudas para o transporte van dirixidas a estudantes universitarios ou de FP que estean empadroados en Neda desde, polo menos, os últimos seis meses e pertezan a unha unidade familiar cunha renta per cápita
mensual non superior aos 400 euros. O importe máximo ao que se pode optar nestas axudas ao transporte son 600 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.