Neda celebra o Día de Rosalía cos estudantes de Primaria

O alumnado de 1º a 3º a asistirá este venres na Casa da Cultura ao espectáculo “A Miña Historia”, con Trémola Teatro
Representación de Trémola Teatro
Representación de Trémola Teatro

O Concello de Neda celebra o Día de Rosalía convidando a nenos e nenas a asistir ao espectáculo “A Miña Historia”, con Trémola Teatro. Así, mañá venres, o salón de actos da Casa da Cultura abrirá as súas portas a partir das 10 horas para acoller a obra, centrada na biografía de Rosalía e narrada por Andrea, xornalista saída do século XIX.

Partirá da súa vida para introducir algúns dos seus textos máis importantes, compartindo co alumnado algúns dos versos da autora, e achegando así a súa obra aos máis novos e novas. Na actividade, organizada pola Concellería de Educación, participarán os/as estudantes de 1º, 2º e 3º curso de Primaria do CEIP de Maciñeira e do CEIP San Isidro.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.