O Concello de Neda vén de intensificar os labores de limpeza e desinfección dos máis de 600 colectores do lixo distribuídos polo municipio como medida de prevención contra o coronavirus.
Tras unha primeira limpeza por parte dos operarios, os colectores son introducidos nun “túnel” de lavado onde se lles aplica unha solución de hipoclorito de sodio para a súa desinfección integral. Traballos que o Concello soe realizar periódicamente e que, na situación actual, está a intensificar a través dos servizos de limpeza.
Discussion about this post