«Teatro en Familia» chega a Neda a partir deste próximo domingo 27

Unha morea de obras teatrais infantís estarán dispoñibles para a veciñanza local, e as entradas cun custo máximo de 2 euros poderán adquirirse na Casa da Cultura
118405402_3359012604158606_6342125102824725627_o

O Concello de Neda programou «Teatro en Familia», un ciclo que arrancará este domingo ás 18.30 horas coa compañía Teatro Avento Produccións e o seu último espectáculo «Ummm. Unha comedia musical para chuparse os dedos».

A partir de entón, as funcións continuarán no salón de actos da Casa da Cultura todos os domingos ata o último do mes de outubro. O ciclo inclúese no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e conta tamén co apoio da Deputación provincial.

Venda de entradas na Casa da Cultura

As entradas para cada un dos espectáculos terán un custe dun euro para o público infantil e de dous para o adulto e sairán á venda a mesma semana de cada función. Poderanse adquirir na Casa da Cultura de martes a venres de 9.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Así, para a función deste domingo o prazo ábrese mañá 22 de setembro. O calendario completarase coas obras «Canta miña pedra, canta» a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita o domingo 4 de outubro -12.30 horas-, «Ela», de Caramuxo Teatro o domingo 11 de outubro -18-30 horas-, e «UP 2 DOWN» de Traspediante Danza o domingo 25 de outubro -18.30 horas-.

Ademais, os espectáculos desenvolveranse baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19, as prazas son limitadas e os menores deben ir acompañados dunha soa persoa adulta por unidade familiar, deixando así máis prazas para os máis pequenos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.