Novo descenso dos activos por Covid en Ferrol ata os 147 casos

Xa son 373 persoas as que superaron o virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
marcidex

A área sanitaria de Ferrol reduce por carto día consecutivo o número de casos activos por coronavirus ata situarse nos 147 doentes contaxiados. Isto supón que xa son 373 persoas as que superaron o virus desde o inicio da pandemia nas comarcas. Os dato ofrecidos pola Dirección Xeral de Saúde pública contabiliza 11 ingresados no Arquitecto e 4 persoas na UCI a causa do Covid-19.

Outras das cifras que se mantén estable é a do número de vitimas mortais polo virus. Ata o momento son 27 casos, entre os rexistrados nos centros hospitalarios e nos centros de maiores. O último falecemento foi o pasado día 27 de abril, polo que xa son sete días sen ningunha morte relacionada co Covid-19.

Na última actualización do Sergas, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187, deles 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo e 475 da de Santiago.

Máis dunha semana despois do inicio do estudo de seroprevalencia, no que o Sergas está a usar ducias de miles de probas de anticorpos, o Goberno galego aínda non anunciou ningún resultado, oficialmente. Extraoficialmente, filtrouse que os positivos por esta vía son moi poucos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.