O Concello de Ferrol a asociación ASCM firman un convenio de colaboración

A asociación sociocultural de persoas con discapacidade ASCM obterá unha subvención por parte da administración local por un importe de 18.000 euros
ascm
PUBLICIDAD

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta da asociación sociocultural de persoas con discapacidade ASCM, Paula Gárate, firmaron esta mañá un convenio de colaboración de 18.000 euros para este ano co fin de financiar actividades psicosociais e o transporte adaptado da entidade.

Esta subvención forma parte do anexo de subvencións nominativas do Concello de Ferrol para este exercicio aprobado polo pleno municipal o pasado 27 de abril. Tras a firma do convenio, o rexedor agradeceu á presidenta de ASCM «o labor desenvolvido durante tantos anos na cidade» co fin de mellorar o día a día dos seus usuarios e resaltou o gran esforzo que fai a entidade «por acompañar ás persoas con dificultades de mobilidade».

Pola súa banda, Gárate agradeceu ao alcalde á axuda económica e destacou o traballo conxunto coa Administración local para lograr «unha cidade máis accesible para todos.» Engadiu que o seu traballo sae adiante «grazas a convenios como o firmado hoxe co Concello de Ferrol» e sinalou a inserción laboral como un dos seus grandes retos.

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, destacou que ASCM é unha das entidades de maior referencia na cidade polo seu importante traballo con persoas con discapacidade e diversidade funcional e lembrou que a asociación forma parte do Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade Funcional do Concello de Ferrol.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.