O Concello de Ferrol entrega 3.500 máscaras aos hostaleiros e comerciantes de San Xoán-Bertón

Nos próximos días o Concello aportará EPI á Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca e a Hoscompro Canido para frear os contaxios
máscarasSanXoan

O Concello de Ferrol iniciou a finais do mes de maio o reparto de equipos de protección individual -EPI- entre os colectivos de comerciantes, hostaleiros e taxistas da cidade. A través das asociacións que aglutinan aos negocios deste sector, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos co fin de contribuír á loita contra a expansión da Covid-19 entre a poboación.

O concelleiro de Seguridade, Tráfico, Mercados e Consumo, Germán Costoya, entregou no día de onte ao presidente da asociación de veciños San Xoan-Bertón, Andrés Medín, outras 3.500 máscaras protectoras, que serán distribuídas entre os hostaleiros e comerciantes do barrio.

O reparto proseguirá ata chegar ao resto de asociacións de Ferrol, que recibirán o material en función do número dos seus empregados. Nos próximos días o Concello entregará EPI á Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca e a Hoscompro Canido, que aglutina a comerciantes e hostaleiros do barrio.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.